Home Lugo e contorna Novo accidente dun quad cuxo conductor tivo que ser rescatado debaixo dun coche no Corgo

Novo accidente dun quad cuxo conductor tivo que ser rescatado debaixo dun coche no Corgo

0
Novo accidente dun quad cuxo conductor tivo que ser rescatado debaixo dun coche no Corgo
O persoal dunha ambulancia trata de estabilizar a un ferido nun accidente / clm24.com

Un home que circulaba nun quad resultou ferido nun accidente rexistrado na noite deste martes e tivo que ser rescatado tras chocar cun turismo no termo municipal do Corgo (Lugo).

Segundo informou o 112 Galicia, o condutor ferido foi excarcerado polos Bombeiros de Sarria ao quedar atrapado debaixo do coche, para que fose atendido polos servizos sanitarios.

Os feitos sucederon no punto quilométrico 4 da estrada LU-546 sobre as 23,00 horas. Foi unha persoa particular a que contactou co 112 Galicia para avisar do accidente.

Despois de ter constancia, por parte do CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Sarria, da Garda Civil de Tráfico, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e do servizo de mantemento da estrada.

En concreto, o 061 enviou ao lugar dúas ambulancias e un equipo sanitario de Atención Primaria que prestou asistencia a un menor que foi evacuado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

+ posts