InicioPolíticaO conflito entre Pilar de Lara e Orozco e Besteiro pode durar...

O conflito entre Pilar de Lara e Orozco e Besteiro pode durar ata que se confirme a sanción á xuíza

A maxistrada rexeita os escritos de recusación contra ela. O avogado di que se trata dunha "represalia ou vinganza" contra o propio López Orozco, dado que "ten data do día anterior á data na que se confirma a sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial" .

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xuíza Pilar de Lara rexeitou os escritos de recusación formulados polas defensas do exalcalde de Lugo, José López Orozco, e o que foi presidente da Deputación, concelleiro de Urbanismo e secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, no caso Garañón.

Neses escritos, as defensas de ambos insistían en que a maxistrada debe apartarse da causa, tendo en conta de que as queixas esgrimidas por ambos en relación coa instrución deste caso foron determinantes para a apertura do expediente disciplinario e a posterior sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial, que suspendeu á maxistrada durante sete meses e un día.

En declaracións a Cope Lugo, o letrado Gregorio Arroyo, que defende a José López Orozco, explicou que o auto da xuíza De Lara que pon fin á instrución do caso Garañón está infestado de “conxecturas e sospeitas” e trufado “dunha forma de actuar que non se debe manexar nunca nunha resolución xudicial”.

Desde o seu punto de vista, trátase dunha “represalia ou vinganza” contra o propio López Orozco, dado que “ten data do día anterior á data na que se confirma a sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial” á propia xuíza.

PRESENTAR RECURSO

En termos similares expresouse o letrado Cándido Conde Pumpido, que representa a Gómez Besteiro e defende a existencia dunha “clara causa de abstención”, como é a sanción que lle impón o Consello Xeral do Poder Xudicial de sete meses e un día de suspensión, que implica a perda de destino en Lugo.

Sostén que o auto ten que ser nulo cando é ditado pola xuíza contra aqueles que denunciaron “as súas sucesivas irregularidades” e, por tanto, provocaron esa sanción. Tanto os avogados de Orozco como os de Besteiro xa anunciaron a súa intención de presentar recurso ante a Audiencia Provincial.

En calquera caso, a maxistrada Pilar de Lara permanecerá á fronte do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo polo menos até mediados de xaneiro, segundo informou o avogado que exerce a súa defensa no proceso disciplinario aberto contra ela no Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), Agustín Azparren.

Precisou que ao solicitar a suspensión cautelar da sanción, a xuíza permanecerá como mínimo á fronte do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo até medidados de xaneiro, cando previsiblemente se pronunciará sobre esa petición o propio Tribunal Supremo. “Se se suspende a execución, seguirá no Xulgado”, até a resolución definitiva do recurso, “e se non, terá que cesar nese momento”, aclarou.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...

Asistencia da Deputación a unha palestra organizada por Somos Unidos por el Cáncer

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves á...