InicioPolíticaEsquerda Unida denuncia o “silencio cómplice” da Xunta coa Operación Carioca

Esquerda Unida denuncia o “silencio cómplice” da Xunta coa Operación Carioca

Eva Solla denunciou o "cinismo bastante importante" que desprende que o Executivo autonómico presente un plan para loitar contra a trata de mulleres mentres renuncia a exercer a acusación particular neste caso

PUBLICADA O

- Advertisement -

A coordinadora nacional de Esquerda Unida (EU), Eva Solla, denunciou este venres o “silencio cómplice” da Xunta coa maior trama de prostitución de Galicia, a Operación Carioca.

Nunha rolda de prensa ofrecida esta mañá na sede do partido, Solla criticou que o Goberno galego optara por non personarse nesta causa mesmo despois de que a Fiscalía deixase fóra da acusación “a moitos dos homes implicados neste caso”, incluíndo a varios dos proxenetas.

A dirixente de EU compareceu esta mañá para tratar varios temas relacionados coa violencia machista e aproveitou a ocasión para denunciar o “cinismo bastante importante” que desprende que o Executivo autonómico presente un plan para loitar contra a trata de mulleres mentres renuncia a exercer a acusación particular neste caso e non executa a totalidade dos orzamentos destinados a igualdade.

“Era necesario que alguén defendese a esas mulleres”, declarou Solla, que criticou que, tanto desde a Xunta como desde o concello de Lugo, fixesen “caso omiso” da petición de Esquerda Unida para personarse na causa e nin sequera respondésena.

Así mesmo, a representante de EU en Galicia anticipou varias das actividades que a súa organización levará a cabo con motivo do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, que inclúen un acto o día 28 deste mes na Coruña para tratar o tema da violencia dirixida contra os menores en casos de pais separados por casos de malos tratos.

Solla confirmou que EU participará en todas as mobilizacións destas datas convocadas polo movemento feminista, mentres que reivindicou que en España non existan normas “que amparen o dereito superior dos menores” ante este tipo de casos.

Por iso, opinou que é “obvio” que a lei de violencia do Estado “debe ser cambiada” para ampliar a súa cobertura e previr de forma máis eficaz este tipo de agresións.

Ao termo da súa intervención, a líder de Esquerda Unida en Galicia foi preguntada achega do preacordo para a investidura alcanzado por Unidas Podemos co PSOE e sobre as posibilidades da súa compañeira de organización, Yolanda Díaz, de ocupar un posto como ministra no futuro Executivo.

A este segundo respecto, respondeu que “todos os membros” do partido “teñen capacidade suficiente para asumir esas responsabilidades de goberno” e, sobre o acordo, pediu “calma” para poder pronunciarse con detalle “cando exista un texto avanzado” e con medidas concretas. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...