InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaSuspendidas as clases en 15 centros da montaña de Lugo con máis...

Suspendidas as clases en 15 centros da montaña de Lugo con máis de 800 alumnos afectados

Tamén hai varios centros afectados na provincia de Ourense. A suspensión esténdese a este venres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Comisión Escolar de Alertas decidiu manter para este venres, día 15 de novembro, a suspensión da actividade lectiva na zona da Montaña de Lugo ante o aviso de fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por espesores de neve superiores a 20 centímetros.

A presenza de neve na rede viaria da montaña de Lugo e Ourense deixou sen poder acudir ás aulas a 1.009 alumnos de 29 centros educativos das dúas provincias.. Segundo os datos facilitados pola Consellería de Educación, amplían tamén a mañá a suspensión das clases.

Os 15 centros coas clases suspendidas na provincia de Lugo corresponden aos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá –dous–, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada –dous–, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Samos, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela.

Ademais, 20 estudantes do CPI de Castroverde quedaron sen clase; xunto con outra vintena do IES Xograr Alfonso Gómez de Sarria e tres da CEE Santa María de Lugo.

Mentres, na provincia de Ourense resultaron afectados 26 estudantes de oito centros educativos situados nos concellos de Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, A Veiga, A Pobra de Trives, Verín, Allariz e Bande –do IES Aquis Querquernis e do CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas–.

ACONDICIONAMENTO DE ESTRADAS

Deputación de Lugo traballa desde a pasada medianoite no acondicionamento de máis de 40 vías da súa titularidade en 12 concellos debido ao temporal de neve e choiva que afecta á provincia.

Coa finalidade de atender as incidencias ocasionadas polo mal tempo e garantir a seguridade viaria, a Deputación informou de que funcionan tres máquinas quitaneves e tres vehículos todoterreo con material de apoio nos municipios da Montaña e do sur de Lugo. En cada unha do resto de zonas está operativa unha máquina quitaneves e un todoterreo.

O presidente da Deputación, José Tomé, que dirixe a área de Xestión Territorial, informa de que “se está traballando coa maior celeridade posible” para “atallar os problemas que este temporal está a deixar nas estradas da provincia”.

“A maior dificultade agora mesmo está nas vías de Cervantes, onde as capas de neve superan os 15 centímetros, e tamén en Pedrafita do Cebreiro, onde xa se alcanzan os 10 centímetros”, esgrimiu. As vías afectadas pola neve están en Baleira, Folgoso do Courel, Cervantes, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

ÚLTIMAS

O PP reivindica a “paixón e o rigor” de Cacharro na política: “Hai que saber de onde vimos”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou este mércores "o legado de estabilidade, fiabilidade...

Miguel Fernández estrutura o seu goberno tras a incorporación da edil María Reigosa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asinou este martes o decreto de reorganización do...

Luz verde ambiental da Xunta ao proxecto para a construción de 1.200 vivendas no barrio Sacro Corazón

A Xunta informou este martes de que deu "luz verde ambiental" ao Proxecto de...

O BNG urxe ao Goberno a cumprir o pactado e crear xa o xulgado de violencia de xénero en Lugo: “As demoras son inxustificadas”

O Bloque Nacionalista Galego instou ao Goberno do Estado a "acelerar" os trámites necesarios...