InicioLugo e contornaLugoUnha muller é acusada de "matrimonio ilegal" por casar para conseguir os...

Unha muller é acusada de “matrimonio ilegal” por casar para conseguir os papeis

O fiscal pide para ela seis anos de prisión e a súa defensa a "libre absolución".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A muller que sentou este mércores no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo por estafar supostamente a un cliente do prostíbulo no que traballaba e contraer matrimonio con el de forma ilegal, recoñeceu na vista oral que aceptou a súa proposta matrimonial para residir legalmente en España, pero asegurou que todo o diñeiro que lle pagou foi polos seus servizos.

Durante a súa declaración, a acusada explicou que coñeceu ao home, un gandeiro das Nogais, cando traballa nun club situado no municipio do Corgo, un establecemento ao que el acudía de forma asidua e reclamaba os seus servizos sexuais.

Precisou que, nun momento determinado, el lle “ofreceu matrimonio” e ela “acabou aceptando” porque estaba “en situación ilegal” no país e esa ligazón permitiríalle “ter papeis”; pero tamén lle aclarou ao seu futuro marido que ela “tiña que seguir traballando” no bordel, porque tiña “unha débeda” co dono do club e “tres fillas” das que ocuparse en Brasil.

Negou en todo momento que retirase diñeiro das dúas contas que a suposta vítima tiña ao seu nome, cunha cantidade aforrada entre ambas próxima aos 27.000 euros, e dixo que ela só lle cobraba polos servizos que lle prestaba, ademais de precisar que “no club era obrigatorio”.

“Pagábame polo meu traballo. Todo o que pagaba el era por estar comigo”, insistiu, aínda que si recoñeceu que ambos formalizaron un crédito por importe de 11.000 euros para custear unha intervención cirúrxica dunha das súas fillas, préstamo que acabou pagando el.

O ministerio fiscal pide para ela un ano de cárcere polo delito de matrimonio ilegal e outros cinco anos de reclusión polo de estafa.

A Fiscalía asegura que o home, que padece esquizofrenia paranoide, ten unha “intelixencia no límite baixo do normal”, circunstancias que o facían “manipulable” e limitaban “de forma grave a súa capacidade para prestar consentimento matrimonial”.

Ambos nunca chegaron a convivir, precisa o ministerio público, e aínda que a vítima acudía unha vez por semana ao establecemento onde ela exercía a prostitución, o home “tiña que pagar” como un “cliente” máis as relacións sexuais que mantiña con ela.

A instancias da Fiscalía, o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Becerreá declarou a nulidade xudicial do matrimonio por “falta de válido consentimento”, dado que o home “se atopaba emocionalmente en absoluta dependencia” da muller e esta “simulara o consentimento no seu propio beneficio”.

Segundo ese mesmo relato, a acusada logrou compartir a conta bancaria co seu marido e despois de solicitar dous créditos por importe de 25.000 euros, quedou co diñeiro e “en gran parte” foi enviado a Brasil.

A avogada da defensa, Marisol Lence, confirmou a súa intención de pedir a “libre absolución” da procesada, porque foi acusada por “matrimonio ilegal”, cando “segundo o Código Penal, matrimonio ilegal é o que se contrae para prexudicar ao cónxuxe”. “Neste caso non foi para prexudicar ao cónxuxe. Ela recoñeceu en todo momento que foi para que lle desen os papeis para poder vivir aquí”, aclarou.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...