InicioSociedadeA causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco,...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

Un auto recolle que non existen "indicios suficientes" que acrediten aos acusados como presuntos autores dos delitos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular un atraco á súa propia administración de Lotarías ao non atopar “indicios suficientes” que permitan acreditar que os investigados –o loteiro e un home e unha muller acusados do roubo– son os autores dos feitos denunciados.

Foi o mesmo loteiro quen denunciou os feitos o 4 de xaneiro de 2024, cando contou nos medios de comunicación que sufrira un asalto mentres se dispuña a abrir o negocio, ao redor das 08.30 horas. Entón, dúas persoas co rostro e as mans cubertas irromperían no local, encanoandooo e obrigándolle a entregarlles o diñeiro das dúas caixas fortes, que estimou en 400.000 euros.

Non foi ata xuño dese ano cando se efectuou a detención dun home e unha muller como supostos autores materiais do atraco e, pouco despois, a do loteiro. Meses antes, en abril de 2024, a maxistrada do Juzagado de Instrución número 2 de Lugo arquivara a causa por falta de indicios. O fiscal emitiu agora un auto co que solicita arquivar de novo a causa ao achar contradicións nos relatos e non ter probas suficientes para atribuír os feitos aos investigados. De facer efectivo o sobresemento provisional, sería a segunda vez que se arquiva a causa.

PROBAS CONTRADITORIAS E INSUFICIENTES

O auto recolle contradicións na declaración dunha das investigadas, que en sede policial autoinculparíase como unha das persoas que finxiu o atraco e implicou ao outro home e ao loteiro. Con todo, esta muller negouse a declarar en sede xudicial, o que concede nulo valor probatorio ao relato en sede policial, ademais de que posteriormente negou o dito.

A única proba cualificada como “directa” polo fiscal son as gravacións dunha lavandaría autoservizo, desde cuxas cámaras se pode observar a porta de acceso á administración de lotarías. Constatan que o loteiro abriu o negocio ás 08.30 e que dúas persoas con roupas superiores escuras, sobre as que levaban chalecos amarelos, entraron nel.

“Non portan mochila ou bolsa de deporte e a dirección desde a que proceden parece indicar que poderían atoparse no interior dun vehículo aparcado a poucos metros de distancia fóra da zona captada polas cámaras”, describe o auto. Con todo, tras abandonar ambos o interior ás 08.39 horas, a gravación córtase nese instante e non é posible observar a dirección dos asaltantes.

O fiscal recolle que a localización dos seus teléfonos móbiles sitúa aos investigados nas inmediacións da lotaría, pero isto non constitúe de seu un “indicio suficiente” do delito. Así mesmo, unha testemuña que di ver a dúas persoas con chalecos reflectores ese día e a esa hora afirma que creu que poderían ser dúas persoas que saían a camiñar á primeira hora do día e manifesta que non sería capaz de recoñecelas “con claridade” se as vise.

+ posts

ÚLTIMAS

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

O PP de Lugo acusa ao goberno provincial de “non ter estratexia turística”

“O goberno provincial de PSOE e BNG non ten estratexia turística para a provincia”,...

II Festa do Centenario de Rábade para o 31 de maio

O Concello de Rábade celebrará o próximo 31 de maio a II Festa do...