InicioSociedadeA Policía inspecciona ás empresas de seguridade privada de Lugo

A Policía inspecciona ás empresas de seguridade privada de Lugo

As investigacións están centradas en ver se este tipo de empresas se adaptan á lei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Funcionarios da Policía Nacional adscritos á Comisaría Xeral de Seguridade Cidadá, na área de Seguridade Privada, xunto cos da Unidade Territorial da Comisaría Provincial de Lugo, están a levar a cabo por toda a provincia diferentes controis para comprobar que a prestación de servizos por empresas de seguridade privada leva a cabo na forma legalmente establecida.

Os axentes están a desenvolver ese traballo de control no marco das competencias da Policía Nacional, entre as que se atopan o control das empresas e persoal de seguridade privada, que inclúen aos vixiantes de seguridade coa súa especialidade, os vixiantes de explosivos; os escoltas privados; os gardas rurais, coas súas especialidades, os gardapescas mariños e gardas de caza; os detectives privados; os xefes de seguridade e os directores de seguridade.

Así mesmo, teñen a obriga de realizar o control na prestación dos servizos de vixilancia en infraestruturas críticas e/ou estratéxicas (Hospitais, Portos Deportivos, Centros Penais, etc), de acordo co plan nacional de inspección elaborado pola Unidade Central de Seguridade Privada.

Durante a semana do 4 ao 8 de novembro foron realizadas diversas inspeccións tendentes á verificación do correcto funcionamento de empresas, establecementos obrigados e servizos de seguridade. Por iso, foron realizados controis en lugares como a propia cidade de Lugo, Ribadeo, Vilalba e Monforte de Lemos; nas estacións de ADIF, sucursais bancarias, xoiarías, gasolineiras e infraestruturas estratéxicas.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...