InicioEconomíaO orzamento da Deputación de Lugo irá a pleno a finais de...

O orzamento da Deputación de Lugo irá a pleno a finais de novembro

A socialista Pilar García Porto asegura que entrarán en vigor no principio do ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista do Goberno bipartito da Deputación de Lugo (PSOE-BNG), Pilar García Porto, asegurou este mércores que os orzamentos provinciais irán ao pleno de finais deste mes de novembro.

Porto lanzaba o anuncio tras a Xunta de Goberno provincial, na que avanzou que a previsión do Goberno é “seguir traballando ao longo deste mes na elaboración e aprobación dos orzamentos, co obxectivo de que entren en vigor no principio do ano“.

A portavoz socialista lembrou que o presidente, José Tomé, “xa presentou as liñas estratéxicas no Parlamento de Galicia. Son uns orzamentos baseados nunha clara aposta polos temas relacionados co benestar das persoas”. “Temos un proxecto importante de residencias (para maiores) na provincia de Lugo que temos que afrontar e imos seguir traballando e consolidando tamén ao longo deste ano”.

Tamén mostrou a preocupación “polo sector primario, preocupados por impulsar calquera aspecto que teña que ver coa economía da nosa provincia”.

92 MILLÓNS DE EUROS

De momento, aclarou, “temos as liñas básicas elaboradas, a próxima semana está previsto avanzar bastante no orzamento, coa intención de poder aprobalos a finais deste mes e entre en vigor a principios de xaneiro”, unhas contas que ascenderán a 92 millóns de euros.

Sen entrar en detalle si que anticipou que o ‘Plan Único’ de investimentos nos 67 concellos da provincia de Lugo se verá incrementado na próxima anualidade.

En canto á Xunta de Goberno, Porto concretou que “se aprobou o procedemento para facer unha poxa pública de 35 exemplares de bovinos de raza cachena e 29 de raza frisoa” que se celebrará este mes na granxa provincial Gayoso Castro, no municipio de Castro de Rei.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...