InicioPolíticaÁbalos anuncia que Lugo estará conectada coa alta velocidade no 2021

Ábalos anuncia que Lugo estará conectada coa alta velocidade no 2021

Asegurou que nun ano o Executivo do PSOE investiu na provincia "case 59 millóns de euros, moitísimo máis do que investiu o Partido Popular".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministro de Fomento, José Luís Ábalos, anunciou este sábado na cidade lucense, no transcurso dun mitín dos socialistas, que Lugo estará conectado coa alta velocidade ferroviaria en 2021.

Nun acto preelectoral, que se celebrou nun dos salóns do restaurante a Palloza que quedaba pequeno con máis de 500 persoas, apelou a que ata que chegaron os socialistas ao goberno “había territorios que estaban absolutamente esquecidos”.

Asegurou que nun ano o Executivo do PSOE investiu na provincia “case 59 millóns de euros, moitísimo máis do que investiu o Partido Popular”. Ao tempo, avanzou que “agora mesmo o que é a liña de Ourense a Lugo conta cun investimento de 239 millóns”, que permitirá que Ourense, Monforte e Lugo teña conexión coa liña de alta velocidade a Madrid e se rebaixe dúas horas o traxecto.

Neste sentido, sinalou que esta acción “é grazas a un goberno que estaba en plenitude de funcións, que foron dez meses, e que agora leva cinco en funcións”, esbozaba José Luís Ábalos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...