InicioPolíticaJosé Manuel Barreiro acusa a Pedro Sánchez de tratar "con desprezo" a...

José Manuel Barreiro acusa a Pedro Sánchez de tratar “con desprezo” a Lugo

Considera que os lucenses deben "esixir que se cumpran todos os compromisos que estaban explicitados" nos orzamentos polo goberno de Mariano Rajoy, en cuestións como a chegada da alta velocidade ferroviaria ou a comunicación a través das distintas autovías.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz adxunto do PP no Senado e de novo candidato á Cámara alta por Lugo, José Manuel Barreiro, acusou este luns ao presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, de tratar “con desprezo” á provincia e á cidade de Lugo.

Nun acto preelectoral celebrado na pasarela do Miño, en Lugo, asegurou que os lucenses non lle deben ningunha obrigación aos socialistas xa que “non cumpriron ningún dos compromisos con esta provincia”. “E non só é a gran esquecida senón que se nos trata con moito desprezo”, subliñou.

Por iso, considerou que os lucenses deben “esixir que se cumpran todos os compromisos que estaban explicitados” nos orzamentos polo goberno de Mariano Rajoy, en cuestións como a chegada da alta velocidade ferroviaria ou a comunicación a través das distintas autovías.

Precisamente, en materia ferroviaria, asegurou que o PP traballará para que os prazos se cumpran cando goberne o xefe de filas do Partido Popular, Pablo Casado.

Todo iso nun acto no que volveu a reivindicar unha infraestrutura que cualifica de “fundamental” para o tráfico da cidade, como é a rotonda entre Alfonso X O Sabio e a N-V“.

“Era un compromiso de Mariano Rajoy, que parece ser que mantén este goberno pero que só ten un impedimento e é dispor dos terreos que son competencia municipal, así que isto é froito da incapacidade na xestión do goberno local da cidade de Lugo”, censurou en referencia ao bipartito de socialistas e nacionalistas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...