InicioPolíticaMéndez lamenta o "enésimo desprezo" da Xunta ao goberno local de Lugo

Méndez lamenta o “enésimo desprezo” da Xunta ao goberno local de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, cualificou de “enésimo desprezo” o feito de que onte se tivese que decatar polos medios de comunicación” da visita da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, á cidade para presentar a actuación prevista na actual estación de autobuses.

A conselleira viaxou até Lugo para informar de que o proxecto que encargará ao Xunta para a futura estación de autobuses da cidade contemplará tamén a derriba da actual terminal, en pleno centro da cidade, para construír nese lugar unha gran praza pública -duns 6.000 metros cadrados- e un intercambiador que facilitará o acceso á futura intermodal con buses lanzadeira.

Méndez pediulle “maior lealdade” ao goberno galego co Concello de Lugo, “porque é a institución, e non debería esquecelo, que representa a todos os veciños e veciñas” da capital lucense.

A rexedora local cualificou a visita e o anuncio da conselleira “como o enésimo desprezo do goberno autonómico aos lucenses”, dado que os representantes municipais decatáronse “polos medios de comunicación das intervencións que a Consellería de Infraestruturas ten previsto acometer na cidade”.

De feito, “son actuacións que, de momento, non podemos valorar, porque non dispomos de ningún tipo de información respecto diso”, engadiu a alcaldesa, quen tamén lle afeou á conselleira que “non aproveitase a visita para aclarar se houbo algún avance no proxecto da intermodal, xa comprometida“.

Ao seu xuízo, esa forma de comportarse demostra “a escasa altura de miras do executivo galego, que sempre prioriza os seus intereses partidistas aos xenerais”.

A visita da conselleira foi aplaudida, en cambio, polo portavoz do grupo municipal Popular, Ramón Carballo, quen lle agradeceu á administración autonómica que tome a iniciativa e asuma “a responsabilidade de facer cidade, creando espazos públicos de calidade e atractivos”, fronte á “falta de visión e a política cortoplacista da alcaldesa”.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...