InicioSucesosOs efectos das treboadas en Lugo: tres estradas secundarias con problemas por...

Os efectos das treboadas en Lugo: tres estradas secundarias con problemas por asolagamento

Permanece activo o aviso meteorolóxico en Lugo, pero sen incidencias destacadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As provincias de Lugo e Ourense manteñen activo o aviso meteorolóxico en todo o territorio, despois de que a xornada do pasado martes estivese marcada por aviso amarelo ante as chegada choivas e treboadas en todo o territorio.

Segundo as previsións de Meteogalicia, as zonas máis afectadas por esta situación durante o pasado martes eran as do interior, sobre todo Lugo e Ourense. Por esta razón ambas as rexións mantiveron activado un dispositivo de control durante todo o día, que no caso de Lugo volveuse a activar esta mañá e no de Ourense mantén as medidas xa tomadas na pasada xornada.

Pola súa banda, fontes do 112 Galicia informaron a Europa Press que non se rexistraron incidencias destacadas debido ao aviso meteorolóxico, que non levou ningunha activación de alerta en Galicia por parte da Dirección Xeral de Emerxencias.

En concreto, en Lugo contempláronse “incidencias moi leves”, pero impera a “tranquilidade”. A Deputación de Lugo explicou a Europa Press que o único feito destacado que consta é o “arrastre de maleza” en tres leiras que afectaron a tres estradas secundarias sobre as que levaron a cabo “labores de limpeza”.

Con todo, a institución provincial insistiu en que “a tranquilidade é absoluta” e este tres incidentes non foron “importantes”, xa que se deron nas vías secundarias de Ariapadrón cara a Samos (LU-P-5601), no Incio e no Courel.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...