InicioLugo e contornaXunta e Concello desbloquean a instalación eléctrica do novo auditorio de Lugo

Xunta e Concello desbloquean a instalación eléctrica do novo auditorio de Lugo

A Xunta encargarase de asumir os trámites para conectalo á rede eléctrica e o Concello comprométese a facerse cargo da infraestrutura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo este luns unha reunión de traballo co tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, na que desbloquearon a instalación eléctrica do novo auditorio. Ambos os mandatarios destacaron que se chegou a “acordos”, entre eles sobre o novo auditorio da cidade, que estaba pendente dos últimos trámites de luz para empezar a funcionar.

A Xunta encargarase de asumir os trámites para conectalo á rede eléctrica e o Concello comprométese a facerse cargo da infraestrutura, para comezar a darlle contido.

Neste encontro falouse tamén das obras do colexio do Sacro Corazón, en cuxa execución se acordou realizar modificacións puntuais para buscar “unha maior eficiencia na actuación e o aforro de custos”.

A Xunta está a construír o edificio e ao Concello compételle a urbanización da contorna do colexio. Arroxo concretou, por exemplo, que as beirarrúas se farán “cando se termine a obra, para evitar que a maquinaria pesada que ten que desprazarse pola zona para as obras do colexio, cause danos nas beirarrúas”.

Doutra banda, Arroxo anunciou tamén que se iniciará o proceso para que a Xunta realice a cesión ao concello de San Eufrasio, “para que así se poida facer a rotonda de ligazón entre Fontiñas e a propia rúa”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...