InicioSociedadeA Galicia exterior achégase a Portomarín para coñecer as súas raíces

A Galicia exterior achégase a Portomarín para coñecer as súas raíces

O programa Campos de Voluntariado trae mozos estranxeiros ata a nosa comunidade, onde desenvolven actividades de colaboración para coñecer máis sobre a terra dos seus devanceiros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O programa Campos de Voluntariado 2019, con ubicación en Castromaior (Portomarín), facilita que 20 mozos residentes no exterior coñezan Galicia e se acheguen á súa realidade, cultura e historia. É unha maneira de establecer ligazóns directas coa terra dos seus devanceiros. O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado da directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, visitou este luns os participantes desta edición.

Desde o pasado día 20, e ata o vindeiro mércores, os mozos procedentes da Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai e Venezuela están a realizar “actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos”. Desenvolven traballo de campo para poñer en valor o castro de Portomarín, por exemplo, onde tamén levan a cabo visitas teatralizadas mediante as que fomentan que os peregrinos coñezan máis esta zona.

Polas tardes, os mozos realizan un amplo abano de actividades para interrelacionarse coa contorna e visitan ugares emblemáticos de toda Galicia, como a zona vella de Santiago, a muralla romana de Lugo ou as paisaxes da Ribeira Sacra.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...