InicioSucesosDous detidos en Castroverde logo de agredir a outra persoa nas festas...

Dous detidos en Castroverde logo de agredir a outra persoa nas festas do Cádavo

Un veciño de Lugo e outro de Ferrol foron identificados como supostos autores dun delito de lesións polo cal a vítima foi trasladada ao hospital da Coruña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo dous mozos na localidade de Castroverde por agredir a outra persoa nas festas do Cádavo (Baleira), segundo informou o Instituto Armado.

Segundo relataron as mesmas fontes, a detención produciuse ás 19.00 horas do pasado día 20 na vila castroverdesa. Un veciño de Ferrol, de 26 anos, e outro de Lugo, de 24, foron identificados como presuntos autores dun delito de lesións.

Os feitos tiveron lugar durante a madrugada do pasado día 12 de agosto, cando se celebraban as festas do Cádavo. Ao parecer, os detidos agrediron a outro rapaz, que foi trasladado ao Hospital de Lugo en primeira instancia pero, debido ás lesións que presentaba, foi “remitido de maneira urxente” ao Chuac (A Coruña) para practicar unha cirurxía maxilofacial.

 

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 25 millóns de euros para obras na A-6

O Consello de Ministros autorizou este martes a licitación por 25,17 millóns de euros...

Detido en Friol por entrar pola forza na casa dun coñecido, romper mobles e aveños e ameazalo de morte

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Friol a un home de 28 anos que...

Denunciada por falsificar un cartón de discapacitado para poder aparcar

A Policía Local de Lugo identificou e denunciou a unha condutora que facía uso...

Volve este luns ‘Lugo Termal’: descontos en balnearios lucenses para maiores de 50

A Deputación de Lugoabrirá este luns o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa...