Home Deportes A gastronomía de Lugo deixará bo sabor de boca na Volta Ciclista a España

A gastronomía de Lugo deixará bo sabor de boca na Volta Ciclista a España

0
A gastronomía de Lugo deixará bo sabor de boca na Volta Ciclista a España
Queixo San Simón da Costa / DO San Simón da Costa

Vinte produtos gastronómicos da provincia de Lugo estarán presentes na Volta Ciclista a España por oitavo ano consecutivo, grazas a unha colaboración entre a Xunta de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría de Lugo (Apehl) e a empresa organizadora do evento, Unipublic.

O bonito de Burela, o leite ‘Galego 100%’, as galletas Daveiga, o pan de Lugo e as razas do porco celta ou a pita de Mos son algunhas das marcas que se promocionarán “mundialmente” a partir deste sábado. Tamén cobrarán protagonismo os queixos de Arzúa-Ulloa, o do Cebreiro ou o de San Simón da Costa, xunto a outros produtos como o viño da Ribeira Sacra ou o aceite de Quiroga.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here