InicioPolíticaO pleno extraordinario da Deputación sobre o futuro das residencias será o...

O pleno extraordinario da Deputación sobre o futuro das residencias será o martes 20

José Tomé quere coartar canto antes os intentos de manipulación que observa no PP, quen solicitou o venres pasado a convocatoria desta sesión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación, José Tomé, convocou para o vindeiro martes 20 o pleno extraordinario para aclarar o futuro das residencias de maiores. Faino así logo dunha solicitude que rexistrou o Partido Popular o venres pasado.

Así pois, a sesión celebrarase pouco máis dunha semana despois do rexistro da petición, algo no que o goberno provincial se apoia para presumir de “axilidade, rigor, transparencia e respecto institucional”. Así e todo, din que o seu obxectivo fundamental é coartar de inmediato calquera intento de manipulación do PP respecto a rede de centros de maiores, pois queren evitar a incerteza nos concellos e na veciñanza.

De novo, o equipo de goberno insistiu en que se garantirá o cumprimento dos convenios asinados cos Concellos ata a actualidade no referido á construción e posta en marcha de residencias. Así mesmo, reitera que non formalizarán ningún novo compromiso deste tipo, posto que entenden que debe ser a Xunta quen se faga cargo destas competencias a partir de agora.

NIN SEQUERA UN MES

O presidente da Deputación queixouse de que o PP nin sequera lle concedeu un mes ao Goberno. Tomé tomou posesión o 18 de xullo, e o 9 de agosto Elena Candia xa estaba facendo a solicitude deste pleno extraordinario sobre unha “formulación irreal, dado que o Goberno da Deputación nunca fixo as afirmacións” que dixo a voceira dos populares en relación coas residencias.

ÚLTIMAS

Denunciados en Lugo seis condutores con alcoholemia positiva, un deles tras ausentarse dun accidente

A Policía Local de Lugo formulou denuncias nos últimos días contra media ducia de...

Lugo propón o Pazo de Feiras como sede da Axencia Estatal de Saúde Pública

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitará ao Padroado da Fundación Feiras e Exposicións...

Denuncian filtracións, riscos estruturais e aulas ‘forno’ na escola infantil Gregorio Sanz de Lugo

Comisiones Obreras (CC.OO.) denunciou que o BNG "acepta" a existencia de "riscos estruturais, filtracións...

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un mozo acusado de agresión sexual a dúas menores

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un mozo acusado de...