InicioSociedadeA Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un mozo...

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un mozo acusado de agresión sexual a dúas menores

A sentenza sinala que a testemuña da denunciante é insuficiente por falta de corroboracións e apunta que as lesións presentadas son compatibles cunha relación consentida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un mozo acusado de agredir sexualmente a dúas menores no seu domicilio. Aínda que todas as partes recoñeceron que o procesado mantivo unha relación con ambas as menores en dous momentos distintos, o tribunal determinou que non puido apreciarse o delito por falta de probas. Na resolución recóllense como feitos probados que as menores, de 15 e 17 anos, e o acusado (de 18 anos nese momento) quedaron no seu domicilio o 8 de xuño de 2021, onde o mozo propuxo un encontro sexual ao que elas se negaron inicialmente.

O tres chegaron a tombarse e o acusado realizou tocamentos a ambas, mantendo relacións sexuais cunha delas despois de pedir á outra que abandonase o dormitorio. Tras o encontro, a moza informou a unha educadora de que tivera unha relación sexual non consentida. A menor foi examinada nun hospital, onde se lle apreciou un hematoma no pescozo, compatible cun ‘chupón’, e unha lesión na zona externa da vulva, aínda que presentaba o himen intacto.

A Audiencia estima que non pode apreciarse delito polos tocamentos realizados sobre a roupa a unha das menores. En canto ao testemuño da outra denunciante, o tribunal non aprecia que falte á verdade, pero conclúe que a súa versión é “insuficiente para alcanzar un pronunciamento condenatorio” debido á falta de corroboracións periféricas. A Sala subliña no fallo que a absolución non presupón a certeza da inocencia, senón que deriva da “frustrada proba da culpabilidade” máis alá de toda dúbida razoable. Finalmente, o tribunal sinala que as lesións da moza caben dentro dunha relación consentida e que existen inconsistencias no relato que deben favorecer ao reo.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...