InicioPolíticaO PP provincial distribúe as áreas de responsabilidade para facer unha oposición...

O PP provincial distribúe as áreas de responsabilidade para facer unha oposición “aproveitable”

Segundo asegurou a voceira popular, Elena Candia, centraranse en "fiscalizar o traballo de goberno"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo provincial do Partido Popular acorda o reparto das áreas de goberno para facer un traballo “aproveitable e produtivo” para a provincia. Así o indica a voceira Elena Candia, quen manifesta se trata dunha distribución “pensada, tal e como dixemos, para fiscalizar o traballo do goberno” da Deputación, “que, por certo, é o que ten máis medios da historia, co obxectivo de que este se axuste ás necesidades que ten a nosa provincia”.

Deste xeito, as áreas das que se ocuparán os deputados do PP, axustándose ao acordo acadado polo Pleno o pasado 30 de xullo, son as seguintes:

Elena Candia (voceira) ocuparase de Xestión Territorial; Réxime Interior; Promoción do Territorio e Turismo. Javier Castiñeira (vicevoceiro) levará as áreas de Cooperación e Asistencia aos Concellos; Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica; Cultura, Patrimonio Histórico e Artístico e Normalización Lingüística; e Formación, Ensino e Economía do Coñecemento. Pola súa banda, Agustín Baamonde (vicevoceiro) será o encargado de Participación Cidadá; e Medio Rural e do Mar.  José Antonio García (vicevoceiro) estará á fronte de Promoción Económica e Social; e Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas; Medio Ambiente; e Recursos Sostibles. Por último, na área de Muller e Igualdade estará Lola Castro (deputada).

COMISIÓNS INFORMATIVAS

Polo que respecta ás dúas Comisións Informativas existentes na proposta aprobada, estas estarán integradas por tres membros do Grupo do PP. Na Comisión Xeral de Asuntos do Pleno estarán Francisco Balado Teijeiro, José Pardo Lombao, José Ángel Santos Sánchez.

Por outra banda, Dolores Castro Ochoa, José Jesús Novo Martínez e Pablo Taboada formarán parte da Comisión de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas.

+ posts

ÚLTIMAS

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...