InicioSociedadeXendarmes de Portugal e Francia axudarán a manter a seguridade no Camiño...

Xendarmes de Portugal e Francia axudarán a manter a seguridade no Camiño ao seu paso por Lugo

Este plan pretende dar unha mellor atención aos peregrinos durante as datas de maior afluencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os dous primeiros xendarmes de Portugal e Francia chegaron á provincia de Lugo este mércores, véspera do día de Santiago, para “colaborar no Plan de Seguridade Xacobeo”.

A subdelegada do Goberno de España en Lugo, Isabel Rodríguez, anunciou que os axentes “xa están comisionados na provincia para axudar a Garda Civil a dar a mellor atención posible ás persoas doutros países que peregrinan a Santiago“, sinala o Goberno de España nun comunicado. Así, a subdelegada asegurou que “a presenza dos xendarmes dos dous países na provincia nos meses de xullo e agosto prodúcese nas datas nas que se rexistra unha maior afluencia de peregrinos”. Ademais, moitos dos camiñantes, engadiu Rodríguez, “proceden deses mesmos países”.

“En total, serán cinco os xendarmes, con base en Sarria e Portomarín, os que reforzarán a Garda Civil este verán”, desvelou. O Plan de Seguridade Xacobeo 2019 contará coa participación de dous gardas portugueses e outro tres franceses -un sarxento e dous xinetes-.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...