InicioPolíticaArias non estará na executiva provincial do PSdeG: "O que gañou, gañou"

Arias non estará na executiva provincial do PSdeG: “O que gañou, gañou”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Castroverde, José María Arias, aclarou que el non formará parte da nova executiva provincial do PSdeG de Lugo, que quedará conformada no congreso que se celebrará este sábado -día 27 de xullo-, porque a súa rival pola Secretaría Xeral, Patricia Otero, impúxose nas primarias e el concorría a ese proceso “cun proxecto diferente”.

O que gañou, gañou“, dixo Arias, quen precisou tamén que a el lle toca agora “respectar as regras do xogo e ao partido”, porque “os militantes” elixiron a Patricia Otero e ao proxecto político que lles presentou.

Nese sentido, precisou que si estará “no comité provincial” e noutros “órganos do partido”, pero non na executiva, porque el concorreu ás primarias “cun proxecto diferente” ao que defendeu Patricia Otero e que foi referendado polo 67% dos votos da militancia. Este luns, Otero dixo que quería integrar a “outras sensibilidades” pero non contaba con Arias na Executiva porque xa declinara anteriormente o seu ofrecemento.

En todo caso, tamén deixou claro que estará “aí para arrimar o ombreiro” polo Partido Socialista, “con ela ou con quen estea” na Secretaría Xeral, como fixo “sempre”.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...