InicioPolíticaO PP tacha de "desprezo ao rural" que Lugo non se sume...

O PP tacha de “desprezo ao rural” que Lugo non se sume ao convenio da Xunta para protexelo dos incendios

O concelleiro Manuel López criticou que a capital sexa "un dos catro concellos" da provincia que non se sumou ao convenio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concelleiro do grupo Popular de Lugo Manuel López criticou que a capital sexa “un dos catro concellos” da provincia que non se sumou ao convenio da Xunta para protexer ao rural dos incendios, polo que tachou esta decisión de “un desprezo á zona rural” por parte do goberno local.

O edil do PP pediu explicacións para saber os motivos polos que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, rexeitou acollerse a esta subvención do Goberno autonómico “cando no último mandato de Méndez Lugo contou todos os veráns con dúas brigadas financiadas polo Executivo autonómico”, agás en 2015, que só tivo unha.

Ademais, destacou que en anos anteriores o goberno de Lugo tamén recibiu axudas económicas para limpar case 100 hectáreas de superficie forestal.

Para López, a renuncia a sumarse a este convenio da Xunta, polo cal se investirán tres millóns de euros na provincia, “reflicte unha absoluta falta de implicación do goberno local nas tarefas de prevención de incendios”, polo que pediu explicacións “desta decisión tan lesiva para os intereses dos cidadáns”.

“PASOTISMO”

O concelleiro tamén criticou o “pasotismo” da alcaldesa por rexeitar “a oportunidade que se lle brindou para contratar dez operarios das brigadas así como os medios para limpeza de maleza en leiras forestais“.

“A alcaldesa non mide as consecuencias da súa decisión, xa que rexeitar recursos sen máis é unha decisión imprudente, sobre todo tendo en conta que no noso concello está a única parroquia de toda a provincia clasificada de alta actividade incendiaria“, lamentou, en alusión a Bóveda.

O popular tamén incidiu en que Lugo é o terceiro municipio da provincia con maior zona rural (case 300 quilómetros cadrados), só por detrás de Vilalba e A Fonsagrada.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...