InicioAncaresBaralla prepárase para un novo alcalde 32 anos despois

Baralla prepárase para un novo alcalde 32 anos despois

Manuel González Capón, presentou a súa renuncia despois oito lexislaturas e 32 anos á fronte do consistorio, e un mes despois de gañar as eleccións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Baralla, o popular Manuel González Capón, presentou a súa renuncia despois oito lexislaturas e 32 anos á fronte do consistorio, e un mes despois de gañar as eleccións conseguindo oito concelleiros, fronte a dous do PSOE e un do BNG. Unha enfermidade afástao da primeira liña política e este venres daba por finalizada a súa carreira política nun pleno “emotivo”, aínda que se despachou en apenas dous minutos.

“Foi un pleno rápido e bastante emotivo”, trasladou o número tres da lista do PP e fillo do xa exalcalde, Miguel González, e que soa nas quinielas para ser o futuro rexedor. O concelleiro sinalou que con esta renuncia “acábase cun ciclo”, facendo especial fincapé en que este “ciclo” se pecha por “circunstancias persoais”.

“Remítome aos feitos. Leva 32 anos, con maiorías absolutas. Xa falaron os veciños e as veciñas durante todos estes anos”, sentenciou o tres da lisa popular. O grupo popular sentará a falar a partir do luns e prevese convocar “o pleno (de investidura) a próxima semana”. “Hai que seguir para diante, o máis importante é el e que se centre na súa saúde. O resto é secundario”, preconiza.

A pesar diso, rexeitou pronunciarse sobre a sucesión. “Imos paso a paso, facendo os trámites que hai que pasar. Tampouco temos urxencia e estamos todos no mesmo barco. O concello segue funcionando e non hai ningún problema. A próxima semana sentarémonos e poremos a data do pleno”, remarcou finalmente.

ÚLTIMAS

CCOO denuncia a situación da xestión do persoal no Concello de Lugo con cartas a Sánchez, Díaz e Pontón

A Sección Sindical de CCOO no Concello de Lugo presentou este mércores na Subdelegación...

Lugo adxudica o proxecto da pasarela do Carril das Flores

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo adxudicou este mércores o proxecto...

Investigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

O falecemento dunha muller tras ser arroiada por unha vaca durante o desfile de...

Lugo recibirá 15 menores migrantes da cota distribuída polo Goberno

A cidade de Lugo acollerá a un grupo de 15 menores migrantes da cota...