InicioPolíticaLara Méndez mantén a Miguel Fernández como portavoz socialista no bipartito de...

Lara Méndez mantén a Miguel Fernández como portavoz socialista no bipartito de Lugo

Os socialistas controlarán cinco áreas:

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, arroupada por todos os seus concelleiros, deu a coñecer este venres a repartición de áreas que fará entre o seu equipo, onde destaca a continuación como portavoz e responsable de Medio Rural e Deportes de Miguel Fernández, cargos que renova do anterior mandato.

Méndez detallou que son cinco as áreas que administrarán os socialistas, unha delas Desenvolvemento Local Sustentable, que levará Álvaro Santos, número dous da lista da alcaldesa e que esta semana dimitía como secretario provincial do PSOE.

Outro dos departamentos será o de Gobernación e Economía, que coordinará a avogada Paula Alvarellos, e o de Cohexión Social, onde se inclúe Muller e Mocidade, que dirixirá Ana González Abelleira. A alcaldesa levará a quinta área das que deseñaron socialistas e nacionalistas, mentres que o BNG conducirá tres áreas.

Méndez precisou que “se trata de establecer áreas de goberno atendendo un pouco aos criterios que permitan un mellor desenvolvemento do proxecto de cidade”. “Saímos nesta nova etapa co compromiso firme de gobernar para o presente, pero tamén, e sobre todo, para o futuro. Hai que abordar os grandes retos pendentes, como é a crise demográfica, falta de oportunidades para a nosa mocidade ou a carencia de infraestruturas que sitúen a Lugo como un municipio do século XXI”, comprometeu.

A alcaldesa anunciou que a próxima semana se celebrará o pleno de organización e, a partir de aí, arrincará a lexislatura con este novo goberno bipartito que comparten o PSOE, con cinco departamentos, e o BNG con tres.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...