InicioPolíticaO BNG de Lugo sostén que nomear unha 'vicealcaldía' non xerará problemas...

O BNG de Lugo sostén que nomear unha ‘vicealcaldía’ non xerará problemas co PSOE

Ana Pontón aproveitou para "felicitar" ao BNG de Lugo "pola campaña desenvolvida, especialmente a Rubén Arroxo" porque é "evidente" que teñen que estar "moi satisfeitos" co resultado obtido en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os cinco concelleiros do BNG no concello de Lugo, que cogobernarán co oito do PSOE, mantiveron unha reunión coa portavoz nacional, Ana Pontón, “para falar do que se vai facer no próximos catro anos” e aseguraron que a decisión de nomear unha ‘vicealcaldía’ non tería por que xerar problemas no bipartito.

O que se converterá no primeiro tenente de alcalde, Rubén Arroxo, puntualizou que se dará conta a Pontón “de todo o traballo” que queren “poñer encima da mesa para poñer Lugo a funcionar”.

Respecto diso da polémica sobre a denominación dos nacionalistas de “vicealcaldía” á tenencia de alcaldía, algo que non gusta no PSOE, Arroxo limitouse a puntualizar que “durante as negociacións se falou de que se podía poñer o nome que se quixese ás áreas –competenciais–“.

“Nós fixemos esa proposta de nome para a vicealcaldía e darémoslle unha volta para ver como se pode enfocar, é un debate de dentro do goberno e esperemos que todos os problemas sexan eses”, subliñou.

Pola súa banda, Pontón precisaba que manterán unha “reunión de traballo, onde se vai analizar a situación que hai no concello, as liñas de traballo e o enfoque político dos principais retos que temos por diante”.

Aproveitou para “felicitar” ao BNG de Lugo “pola campaña desenvolvida, especialmente a Rubén Arroxo” porque é “evidente” que teñen que estar “moi satisfeitos” co resultado obtido en Lugo.

“Tamén é unha responsabilidade moi importante a que temos por diante, sabemos que hai unha onda de ilusión en Lugo pola entrada do BNG no goberno porque había moitas persoas que compartían connosco a necesidade de que en Lugo se dese un cambio“, resaltou.

Do mesmo xeito que Arroxo, Pontón insistiu en rexeitar que houbese “ningún desencontro” cos socialistas polo novo nome para a tenencia de alcaldía que pasa a ser “vicealcaldía”.

“Aquí hai unha negociación, porque o relevante é que os veciños e veciñas quixeron darlle un cambio e apostaron polo BNG para impulsar ese cambio. Hai un debate normal sobre cal debe ser a nomenclatura que se aplique nas áreas que xa están definidas e iso non pasa dunha anécdota”, agregou, restando importancia a ese posible “desencontro” cos socialistas do concello de Lugo.

ÚLTIMAS

Novas obras no viaduto do Castro provocarán afectacións ao tráfico a partir deste luns

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este luns os traballos para impermeabilizar o...

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...