InicioSociedadeA Bonoloto deixa un premio de case 60.000 euros en Lugo

A Bonoloto deixa un premio de case 60.000 euros en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sorteo da Bonoloto celebrado onte deixou un premio de case 57.000 euros na cidade de Lugo, nun boleto de segunda categoría selado pola Administración Número 3 de Lotarías.

Segundo informou a Delegación de Lotarías e Apostas do Estado en Lugo, trátase dun boleto con cinco acertos máis o complementario, premiado con 56.945 euros.

Ese boleto, un do tres de segunda categoría premiados en toda España, foi selado na administración situada no número 106 da Rúa Nova, en pleno centro histórico da cidade. Neste sorteo non houbo acertantes de primeira categoría.

ÚLTIMAS

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...

Alugueres “alcanzables” en Lugo e penalización a propietarios con vivenda baleira

Lugo contará cun ambicioso Plan Municipal de Vivenda, unha folla de ruta que busca...

Seis meses de prisión para o xerente dunha empresa por delito de lesións nun traballador

O xerente dunha empresa vinculada á construción de Lugo aceptou este xoves unha pena...