InicioLugo e contornaLugoPiden 15 meses de prisión para un lucense acusado de non auxiliar...

Piden 15 meses de prisión para un lucense acusado de non auxiliar a un home co que tivo un accidente de tráfico

Como consecuencia do sinistro, a vítima recibiu un forte golpe que lle provocou un traumatismo cranioencefálico severo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo xulga o vindeiro mércores a un mozo acusado de non prestar auxilio a un home co que tivo un accidente de tráfico, dándose á fuga. O Ministerio Público pide para el 15 anos de cárcere.

Segundo recolle o escrito Fiscal, os feitos tiveron lugar ás 6,30 horas do primeiro de xaneiro de 2015, cando o acusado conducía un vehículo, propiedade do seu pai, pola rúa Narciso Peiteado de Lugo.

Debido a unha distracción na condución, o mozo chocou por alcance contra a parte posterior dun ciclomotor que conducía nese momento D.L.L.. Con todo, e a pesar de “ser consciente do ocorrido” e do alcance do accidente, o acusado “procedeu a abandonar o lugar sen deterse a prestar colaboración” á vítima.

Como consecuencia do sinistro, a vítima recibiu un forte golpe que lle provocou un traumatismo cranioencefálico severo, con hematoma subdural agudo fronto-temporal dereito, unha pneumonía e dor en ambos os xeonllos, con escordadura de xeonllo esquerdo.

Fiscalía considera ao acusado culpable dun delito de omisión do deber de socorro e pide para el 15 meses de prisión. A vítima renunciou ao exercicio da acción civil en setembro de 2016, despois de que a aseguradora abonáselle a indemnización derivada do accidente.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...