InicioLugo e contornaLugoA Unidade de Atención Temperá do HULA aumentou a súa actividade un...

A Unidade de Atención Temperá do HULA aumentou a súa actividade un 35% nos primeiros meses deste ano

Do mesmo xeito, aumentou o numero de novos pacientes atendidos entre xaneiro e abril, pasando de 28 a 47 en 2019, o que representa un incremento do 68%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asegurou este mércores que a unidade de rehabilitación infantil e atención temperá do Hospital Lucus Augusti (Hula) aumentou a súa actividade un 35% durante o primeiros catro meses deste ano, con respecto ao mesmo período do ano anterior.

Así o dixo no Pleno en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do BNG Olalla Rodil, que trasladou as “carencias” nesta unidade, que trata a nenos “altamente dependentes” e con “graves problemas de desenvolvemento”. Entre as reclamacións dos pais, dixo Rodil, está o incremento no horario de atención, que actualmente “é só de mañá”, e “máis persoal”.

Dentro da avaliación de fai a consellería, Jesús Vázquez explicou que o número de pacientes totais atendidos pasou de 423 durante o primeiros catro meses do ano pasado aos 571 do mesmo período do actual. Do mesmo xeito, aumentou o numero de novos pacientes atendidos entre xaneiro e abril, pasando de 28 a 47 en 2019, o que representa un incremento do 68%.

En canto ás sesións realizadas, no mesmo período, Almuiña informou de que en 2018 foron 1.990 e de 2.232 en 2019, un incremento do 12% e cunha atención “de calidade”, garantiu.

Na actualidade, a Unidade de rehabilitación atende a 116 nenos, dos que 22 realizan tratamento en dous ou máis unidades de atención temperá. Estes nenos reciben unha media dunha sesión semanal de tratamento de 45 minutos de duración en cada unidade de tratamento.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...