InicioSucesosIbrahima, condenado a 25 anos de cárcere polo asasinato de Tatiana Vázquez

Ibrahima, condenado a 25 anos de cárcere polo asasinato de Tatiana Vázquez

Tamén se lle impón a prohibición de aproximarse ou comunicarse coa familia directa da vítima por un prazo de 35 anos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do Tribunal do Xurado que considerou culpable de asasinato ao home xulgado por apuñalar até a morte á súa moza Tatiana Vázquez no interior dun coche na cidade de Lugo fixou en 25 anos a pena de prisión que deberá cumprir por este delito.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a maxistrada tivo en conta a circunstancia agravante de parentesco. Ademais, imponlle a Ibrahima N. outros dous anos de privación de liberdade polo delito de violencia habitual no ámbito familiar.

A condena da Audiencia Provincial de Lugo inclúe a prohibición de aproximarse ou comunicarse coa familia directa da vítima por un prazo de 35 anos.

O xurado popular considerou probado que o acusado mantivo unha actitude despectiva cara á vítima durante a relación, “con insultos, illándoa da súa familia e amigos, e facéndolle obxecto de continuos menosprecios”.

Segundo os membros do tribunal, asestou até 54 coiteladas á falecida no interior do seu vehículo, “a maior parte delas de escasa entidade, para deste xeito aumentar intencionadamente a dor da vítima”.

FEITOS

O acusado tivo coa vítima unha relación sentimental, aproximadamente desde o ano 2009, chegando a manter durante un longo período de tempo relación de convivencia, tanto na cidade de Lugo, como en viaxes que ambos realizaban por períodos de varios meses a Senegal.

“Durante o período que durou a relación, o acusado mantivo unha actitude despectiva cara a Tatiana, con insultos, illándoa da súa familia e amigos, e facéndolle obxecto de continuos menosprecios”, sinálase na sentenza da Audiencia de Lugo, recollida por Europa Press, que engade que “estas situacións se desenvolvían tanto na vía pública e a presenza de terceiros, como no seo do domicilio no que ambos convivían”.

O condenado, Ibrahima N., “mantiña dentro da relación de convivencia con Tatiana un clima ou situación de dominio e desigualdade”, considera o tribunal.

A noite do 8 ao 9 de abril de 2016, sobre as 3.40 horas, segundo o relato de feitos probados, a vítima, após comprar diversos efectos nun local 24 horas, dirixiuse á pensión que ocupaba Ibrahima N. na Ronda da Muralla. Logo de permanecer un tempo no lugar, ámbolos saíron ás 4.10 horas cara ao vehículo que utilizaba a muller, un ZX propiedade do seu pai, no que se montaron  baixando por Montero Ríos cara a Rúa Fontiñas.

O vehículo con ambos os ocupantes estacionou na Rúa Fonte de Bica da cidade de Lugo, “onde o acusado asestou até 54 coiteladas a Tatiana, provocándolle múltiples feridas inciso contusas”.

Por iso, de conformidade co veredicto do xurado, Ibrahima N. foi condenado “como autor criminalmente responsable dun delito de asasinato, coa concorrencia da circunstancia agravante de parentesco” á pena de 25 anos de prisión, prohibición de aproximación ou comunicación por calquera medio, ben directamente ou mediante persona interposta, co pai, nai e irmán da vítima, por un período de 35 anos.

En concepto de responsabilidade civil o acusado foi condenado a indemnizar ao pai da vítima en 75.000 euros e á nai na mesma cantidade, así como ao irmán da falecida en 25.000 euros.

ÚLTIMAS

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...

Candia presenta 50 propostas para incluír nos próximos orzamentos do Concello

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, presentou unha batería de 50...

Localizado en Lugo un mozo fuxido dun centro de menores

A Policía Local de Lugo localizou o pasado domingo, día 12 de xaneiro, a...