InicioLugo e contornaGonzalo Caballero pide en Lugo o "voto útil" para permitir avanzar o...

Gonzalo Caballero pide en Lugo o “voto útil” para permitir avanzar o proxecto socialista

Caballero pedía así o apoio dunha "maioría ampla" de cidadáns á alcaldesa e candidata a repetir no cargo, Lara Méndez, na cidade de Lugo, dado que o seu proxecto "beneficiará" aos lucenses de "forma clara".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, apelou en Lugo ao “voto útil” da cidadanía para os socialistas conten cunha “maioría rotunda” nas municipais e europeas do domingo e “goberno que dean estabilidade e progreso”.

“O voto útil para o progreso dunha Europa da cidadanía e das persoas é o voto ao partido socialista, e aquí en Lugo onde temos unha experiencia de goberno consolidada e de progreso necesitamos unha maioría ampla e rotunda para que o proxecto de avance continúe no próximos catro anos”, proclamou xunto á alcaldesa, Lara Méndez, e á ministra de Traballo, Magdalena Valerio.

Caballero pedía así o apoio dunha “maioría ampla” de cidadáns á alcaldesa e candidata a repetir no cargo, Lara Méndez, na cidade de Lugo, dado que o seu proxecto “beneficiará” aos lucenses de “forma clara”.

“O PSdeG abre estes dous días cun sprint final para revolucionar o futuro de Galicia con gobernos que dean estabilidade e progreso, fronte ao retroceso dunha dereita reaccionaria que soamente implica riscos para as prioridades sociais, que soamente implica risco para o avance dos dereitos e liberdades”, concluía Caballero.

Pola súa banda, Lara Méndez presumía dos “dez meses de goberno” de Pedro Sánchez. “Abríronsenos de novo as portas e abriuse a interlocución para seguir reclamando as necesidades que temos os lucenses e ademais con receptividade e para mostra o anteproxecto de intermodal (para a chegada do AVE)”.

Tamén se referiu a a visita programada para este venres á cidade do expresidente do goberno, Mariano Rajoy, criticando que “que durante estes últimos anos nin estivo, nin se lle esperaba (en Lugo)”, e que nin sequera tiveron a de falar “con ningún ministerio a pesar das reiteradas chamadas e intencións” para contactar entre administracións “para buscar o ben común dos cidadáns”.

“Queremos seguir esta senda de materializar o noso proxecto, temos un proxecto iniciado, consolidado, con fondos europeos e de aí a importancia tamén das eleccións europeas para materializar o noso modelo de cidade, e agora cunha interlocución directa co goberno central”, subliñou finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo reclama “reforzo urxente” á Xunta para o control contra o xabaril

O Concello de Lugo reclama á Xunta "un reforzo urxente" das actuacións de control...

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

Falece un conductor logo de saír da vía co seu cuadricilo en Castro de Rei

Un condutor faleceu este luns tras saírse da vía coa súa cuadriciclo lixeiro en...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...