InicioLugo e contornaA Deputación de Lugo destinará 300.000 euros anuais para a residencia...

A Deputación de Lugo destinará 300.000 euros anuais para a residencia de maiores de Meira

Así mesmo, asinouse este luns "o contrato para prestacións de asistencia básica, manutención e limpeza para o centro de maiores da Fonsagrada, dotado con 1,8 millóns de euros ata xuño de 2022".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, anunciou este luns, tras a xunta de goberno, a firma dun convenio de “colaboración” entre a propia institución provincial e o Concello de Meira para o “centro de maiores” deste municipio, que recibirá uns 300.000 euros cada ano.

No convenio recóllese que “terán prioridade de acceso para as 30 prazas de residencia (de maiores) e 20 de centro de día, que ofrecen estas instalacións, en primeiro lugar, os veciños de Meira, seguidamente os da comarca da Terra Chá e despois os lucenses en xeral”.

“Para garantir a todos os maiores da provincia o acceso universal a estas prazas, a Deputación destinará cada ano uns 300.000 euros. De feito o convenio recolle un investimento total de 1,2 millóns de euros durante catro anos”, puntualizou.

Ademais, acordouse “destinar outros 32.000 euros para a dotación dun peche para o recinto do centro residencial de Meira”, sinalou o presidente provincial.

Darío Campos comentou que levan “semanas esperando a que o Partido Popular e o deputado non adscrito (Manuel Martínez que preside a sociedade do chan Suplusa) entreguen á Deputación o edificio e o resultado das obras do centro de Meira, que secuestran desde Suplusa, para avanzar na súa apertura”.

“Nós, mentres tanto, seguimos traballando desde a Deputación, aprobando este convenio e estes traballos e desde o Concello elaborando o regulamento e a ordenanza fiscal”, indicou.

PRESTACIÓNS

Así mesmo, asinouse este luns “o contrato para prestacións de asistencia básica, manutención e limpeza para o centro de maiores da Fonsagrada, dotado con 1,8 millóns de euros ata xuño de 2022”.

Na Fonsagrada, “25 maiores” deste concello “xa formalizaron a súa solicitude para entrar na residencia que está pendente de que a Xunta conceda o PIA para poder abrila”. “Un permiso que a Xunta demora desde hai anos, de feito en marzo entregouse máis documentación que nos pediron e seguimos á espera de resposta”, denunciou.

Sobre outras residencias, Campos concretou que na de Trabada hai “dez residentes, todos eles veciños de Trabada, e nos próximos días entrarán outros doce”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...