InicioLugo e contornaLugoLídia Senra continuará coa defensa en Bruxelas do sistema público de pensións...

Lídia Senra continuará coa defensa en Bruxelas do sistema público de pensións se sae elixida

"A Unión europea ten que apoiar e reforzar os estados e a súa capacidade de manter sistemas públicos de pensións, e pensións publicas dignas. Esa é a nosa aposta para Europa", di Senra.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata de En Marea-Compromiso por Europa ao Parlamento Europeo, Lídia Senra, comprometeuse a seguir defendendo en Bruxelas o sistema público de pensións e urxiu a retirada de produto paneuropeo de pensións individuais (PEPP).

Nun acto celebrado este xoves en Mondoñedo (Lugo), a europarlamentaria asegurou que este produto fai que ter unha pensión digna “dependa exclusivamente da capacidade de aforro que teñen as persoas ao longo da súa vida”.

“A Unión europea ten que retirar ese regulamento e traballar, xunto cos Estados membro, para apoiar e reforzar os estados e a súa capacidade de manter sistemas públicos de pensións, e pensións publicas dignas. Esa é a nosa aposta para Europa”, manifestou.

Na súa intervención, ademais, lembrou o traballo realizado xa nos últimos anos no Parlamento Europeo e comprometeuse a seguir defendendo “orzamentos públicos capaces de garantir pensións dignas para todas as persoas”. Lídia Senra participou este xoves nunha concentración de pensionistas xunto ao portavoz de En Marea, Luís Villares, e a candidata de Marea de Mondoñedo á Alcaldía, Chus Amieiro.

FIN DAS MAREAS

Pola súa banda, o portavoz de En Marea reivindicou un cambio nas administracións que deixe atrás a época dos “recortes e desterre definitivamente as políticas sociais que o Partido Popular impulsou nos últimos anos“.

“Por todos os concellos de Galicia está a haber manifestacións de pensionistas reclamando pensións dignas. É o momento de lembrar que a reforma das pensións de 2013 foi obra do PP, e que foi esa reforma do PP a que levou a unha perda de poder adquisitivo da nosa xente maior”, sinalou.

O portavoz de En Marea comprometeu os esforzos da formación nas distintas institucións, así como os das mareas locais, para impulsar políticas sociais de calidade, verdadeiramente comprometidas coa calidade de vida da cidadanía.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...