InicioLugo e contornaO xulgado mantén internada no hospital á nai da nena falecida en...

O xulgado mantén internada no hospital á nai da nena falecida en Cospeito

"No momento en que o xulgado nos permita explicar, levante o secreto de sumario, diremos todas as cousas, pero non descartamos ningunha das posibilidades" dixo o delegado do Goberno.

PUBLICADA O

A Garda Civil prosegue coas pescudas sobre a morte dunha nena de sete anos na parroquia de Muimenta, no municipio lucense de Cospeito, o pasado venres 3 de maio, mentres o Xulgado de Instrución Número 1 de Vilalba (Lugo) mantén o internamento hospitalario da nai. Así o manifestou este mércores o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, a preguntas dos medios con motivo da súa presenza nunha exhibición da Garda Civil no municipio coruñés de Brión.
Losada insistiu en que a causa prosegue “baixo segredo sumarial” e destacou que a Garda Civil “está a utilizar todas as prácticas que existen para buscar as causas”. “Non despexamos nin descartamos ningunha cuestión neste momento”, apostilou. Sobre os labores de investigación, limitouse a confirmar que se lle fixo a autopsia ao corpo da menor e “a Garda Civil, seguindo as indicacións do xulgado, está a facer as pescudas necesarias”.
“NON DESCARTAMOS NINGUNHA DAS POSIBILIDADES”
“No momento en que o xulgado nos permita explicar, levante o secreto de sumario, diremos todas as cousas, pero non descartamos ningunha das posibilidades”, sostivo o delegado do Goberno en Galicia. Nesta liña, indicou que “a Garda Civil está a tomar as decisións que o xulgado lle está indicando”.
E, con respecto á nai da menor, Losada sinalou que “o xulgado indicou que ten que facerse un internamento nun hospital”. “E nós, no momento que nos indiquen que temos que facer algunha actuación –as forzas de seguridade–, fariámola”, concluíu. Fuentes xudiciais apuntaron que, de momento, non se practicaron detencións no marco desta investigación xudicial.
+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...