InicioLugo e contornaA reclamacións contra as cláusulas abusivas poderán facerse ata xaneiro de 2023

A reclamacións contra as cláusulas abusivas poderán facerse ata xaneiro de 2023

Unha resolución da Audiencia de Lugo falla que a acción de nulidade é "imprescriptible", polo que senta o criterio de que o prazo para reclamar as cantidades cobradas nas devanditas cláusulas abusivas está sometido ao período "xenérico de cinco anos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo fixou un prazo de cinco anos –ata xaneiro de 2023– para reclamar ás entidades financeiras a devolución das cláusulas abusivas cobradas durante os trámites dunha hipoteca.

O tribunal, nunha sentenza emitida o pasado 2 de maio, decreta o reingreso a dous clientes dos gastos notariais, de xestoría e de taxación relacionados cunha hipoteca contraída cun banco.

Na resolución da Audiencia de Lugo, os maxistrados fallan que a acción de nulidade é “imprescriptible”, polo que senta o criterio de que o prazo para reclamar as cantidades cobradas nas devanditas cláusulas abusivas está sometido ao período “xenérico de cinco anos”.

Este prazo foi fixado polo Tribunal Supremo a través dunha sentenza que sentou xurisprudencia sobre a cláusula de gastos e os efectos derivados da mesma.

Así as cousas, o tribunal lucense considera que o período para reclamar a devolución comeza a computar desde a data marcada polo TS, é dicir, o 23 de xaneiro de 2019; e concluirá cinco anos despois.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...