InicioLugo e contornaLugoDe Lara De Lara segue apurando investigacións para que os "prexuízos" sexan...

De Lara De Lara segue apurando investigacións para que os “prexuízos” sexan “mínimos” se é sancionada

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xuíza do xulgado de instrución número uno de Lugo, Pilar de Lara, segue apurando as investigacións que leva, entre elas ‘macrocausas’ como a Carioca ou a Pokémon, para que “os prexuízos sexan os mínimos” no caso de que prospere a sanción exposta polo Consello Xeral do Poder Xudicial, por dilacións indebidas.

O avogado da xuíza nesta acción disciplinaria, Agustín Azparren, xustifica que non presenten recurso á sanción ata esgotar o prazo, o 15 de maio. Así e “con independencia de que se fixera efectiva”, considerou necesario tentar “que os prexuízos sexan os mínimos posibles para o xuíz que lle toque vir despois dela“, que tería que facerse cargo “dunha chea de asuntos que descoñece” e empezar a estudalos “case desde o principio”.

Por iso é polo que a xuíza estea a apurar instrucións, “para evitar ese prexuízo e tentar acabar os asuntos que están por resolver a tempo“, e evitar que “poida haber máis prexuízos como consecuencia da súa saída do xulgado”,

Agustín Azparren insistiu en que aínda cabería outro recurso ante o Tribunal Supremo, e chegado a esa situación, xa avanza que “se pediría a suspensión da execución” da sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial. “Tamén habería que esperar á resolución do Supremo de se concede suspender a execución á sanción. A idea é tamén acudir ao Tribunal Supremo”, abundou.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...