InicioLugo e contornaLugoFeijóo carga en Lugo contra Vox e Cs aos que acusa de...

Feijóo carga en Lugo contra Vox e Cs aos que acusa de ser un “lastre”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, lamentou que Vox e Cs “non falen con honestidade” aos seus posibles votantes e pediulles que “non enganen”, porque se o voto do centro e da dereita “divídese entre tres, o máis votado” no Senado será o PSOE.

“Todos eses partidos que nos dan leccións de como hai que aplicar o 155 no Senado, serían cómplices de que o PSOE tivese maioría absoluta e de que non se volvese a aplicar o 155 que din que queren aplicar (en Cataluña) desde o primeiro día”, advertiu o tamén presidente da Xunta.

Así o fixo durante un acto de campaña celebrado este luns no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo, onde acudiron os números uno ao Congreso e ao Senado, Jaime de Olano e José Manuel Barreiro, respectivamente, ademais doutros membros da formación como a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado.

Fronte a unhas 1.000 persoas , segundo os datos do propio PP, asistiron ao mitin, Feijóo volveu a mostrar o seu pésame polas dúas vítimas galegas dos atentados terroristas ocorridos este fin de semana en Sri Lanka. Neste sentido, enviou ás familias e amigos un “abrazo sentido” e “cariñoso” en nome “de todos os galegos”.

O PSOE, UN “LASTRE” DA ECONOMÍA

Por todo iso, e coa vista posta no vindeiro domingo, reclamou aos votantes que “non se confíen” nin “pensen que as eleccións as gañan as enquisas”, polo que apelou a bater a un Partido Socialista que “sempre foi un lastre” para a economía española, contexto do que se serviu para halagar a xestión tanto de Rajoy como de Aznar.

Ademais, Feijóo explicou que o actual PSOE “non existe”. “Dino Felipe González e Alfonso Guerra. Agora o PSOE é o partido de Pedro Sánchez. En España só queda un partido de ámbito nacional: o Partido Popular”, asegurou.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...