Home Economía Alumnado do CFEA amplían a súa formación cunha visita ao Courel

Alumnado do CFEA amplían a súa formación cunha visita ao Courel

0
Alumnado do CFEA amplían a súa formación cunha visita ao Courel
Alumnado do CFEA de Becerreá en Ou Courel. XUNTA

Alumnado dos seus centros de formación e experimentación agraria (CFEA) complementaron a súa formación cunha visita ás montañas do Courel.

Tal e como trasladou o Goberno galego en nota de prensa, un grupo de estudantes participou esta semana nunha actividade formativa nas montañas do Courel, que incluíu un percorrido pola Devesa da Rogueira e unha visita á Aula da Natureza de Moreda, en Folgoso do Courel.

Durante a xornada, o alumnado puido identificar as principais especies vexetais da zona, coñecer a “riqueza e singularidade” dos seus ecosistemas e profundar na importancia da conservación e xestión sustentable dos espazos naturais.

Así mesmo, permitiulles diferentes recursos e ferramentas de educación e interpretación ambiental, así como fomentar actitudes “responsables e respectuosas” co medio natural.

Desta forma, subliñou a Xunta, a Consellería do Medio Rural reforza o papel dos CFEA como centros de formación vinculados á realidade do territorio e ás necesidades profesionais do sector agrario e forestal.

+ posts