InicioEconomíaA Deputación inviste case 400.000 euros no tecido empresarial e reforza a...

A Deputación inviste case 400.000 euros no tecido empresarial e reforza a cooperación cos concellos

A Xunta de Goberno provincial aprobou un convenio coa Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo por importe de 60.000 euros para poñer en marcha unha aula móbil forestal destinada á formación de operarios e operarias do sector.

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un novo paquete de investimentos para reforzar a cooperación cos concellos e impulsar o desenvolvemento económico da provincia mediante o apoio ao tecido empresarial e aos sectores produtivos. “Os acordos aos que chegamos hoxe teñen un denominador común: impulsar a actividade económica, mellorar os servizos e crear oportunidades no territorio”, destacou a responsable provincial. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, na rolda de prensa posterior á sesión. No ámbito da cooperación municipal, a Xunta de Goberno aprobou dous convenios cos concellos de Foz e Ribas de Sil.

A institución provincial colaborará co Concello de Foz cunha achega de 18.148,79€ para financiar a celebración do Arao Festival, unha proposta cultural que combina música e outras actividades abertas ao público e que enriquecerá a programación estival do municipio. García Porto destacou que esta iniciativa “dinamiza a vida social e cultural de Foz, atrae visitantes e xera un impacto positivo para o comercio, a hostalaría e o turismo da Mariña”.

A Deputación tamén autorizou un investimento de 135.000 euros para o Concello de Ribas de Sil destinado á adquisición dunha miniescavadora para a prevención de incendios forestais e dun camión de servizos múltiples con sistema portacontedores. Unha actuación que permitirá reforzar a capacidade operativa do municipio tanto na prevención e resposta fronte aos incendios como na prestación dos servizos municipais, contribuíndo a mellorar a seguridade e a calidade de vida da veciñanza.

Impulso á competitividade das empresas lucenses

A Xunta de Goberno deu luz verde a un convenio bianual coa Confederación Empresarial da Provincia de Lugo, dotado con 180.000 euros -entre as anualidades 2026 e 2027-, para desenvolver o programa Lugo Presente e Produtivo.

A iniciativa permitirá impulsar accións de apoio ás empresas da provincia en ámbitos como a dixitalización, a innovación e a sustentabilidade. Ademais, contempla a elaboración dun estudo sobre o absentismo laboral no tecido empresarial lucense e unha guía de boas prácticas que sirva de ferramenta para empresas e profesionais. “O obxectivo é seguir fortalecendo a competitividade das empresas e contribuír á creación de emprego e riqueza na nosa provincia”, sinalou García Porto.

Formación para un sector estratéxico

A Xunta de Goberno aprobou tamén un convenio coa Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo por importe de 60.000 euros para poñer en marcha unha aula móbil forestal destinada á formación de operarios e operarias do sector.

Este proxecto permitirá achegar a formación directamente aos montes, facilitando o acceso á capacitación profesional, mellorando a cualificación das persoas traballadoras e incrementando a competitividade dun sector estratéxico para a provincia. Ademais, incluirá un módulo específico sobre boas prácticas para a conservación da rede viaria provincial, co obxectivo de compatibilizar a actividade forestal co coidado das infraestruturas públicas.

García Porto destacou que estes acordos “reflicten o compromiso da Deputación cos concellos, co tecido empresarial e cos sectores produtivos da provincia, apoiando iniciativas que xeran actividade económica, melloran os servizos públicos e contribúen a fixar poboación e crear oportunidades en todo o territorio”.

+ posts

ÚLTIMAS

Ximena Cheda presenta a súa candidatura para encabezar Podemos Lugo nas municipais

A portavoz do Círculo de Podemos Lugo, Ximena Cheda, anunciou a súa candidatura para...

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...