InicioEconomíaAutorizada a construción de dous novos parques eólicos na provincia de Lugo

Autorizada a construción de dous novos parques eólicos na provincia de Lugo

En concreto, trátase de dúas instalacións promovidas por Naturgy Renovables. Unha delas estará situada entre os concellos de Castroverde e Pol, en Lugo, mentres que o outro se situará nos municipios de Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira, tamén na provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns dúas resolucións da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático pola que se outorga a autorización administrativa previa e de construción de dous novos parques eólicos na provincia de Lugo.

En concreto, trátase de dúas instalacións promovidas por Naturgy Renovables. Unha delas estará situada entre os concellos de Castroverde e Pol, en Lugo, mentres que o outro se situará nos municipios de Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira, tamén na provincia.

Así, o primeiro trátase da Ampliación Monciro e terá unha potencia duns 6,93 megawatts (MW). O orzamento de execución material calcúlase en case 17 millóns de euros con dous aeroxeradores, ademais de dous centros de transformación, rede colectora subterránea e outros elementos.

O segundo, denominado Montelora, suporá un investimento que roldará tamén os 17 millóns e contará con 25 MW e cinco aeroxeradores.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...