InicioEconomíaA Xunta licitará as obras para a rúa Serra de Meira en...

A Xunta licitará as obras para a rúa Serra de Meira en Lugo cun millón de euros

O proxecto contempla unha intervención integral orientada a converter esta contorna nun espazo máis "seguro, accesible, ordenado e agradable" para a cidadanía

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, avanzou a licitación das obras de urbanización da rúa Serra de Meira en Lugo para este luns, cun investimento de 1,1 millóns de euros.

Tal e como trasladou o Goberno galego nunha nota de prensa, Allegue presentou este sábado a licitación das obras, pondo o acento na súa importancia. Coa publicación este luns na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia da licitación as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o próximo 22 de xuño.

Neste contexto, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas subliñou que se trata dunha actuación necesaria para mellorar e ampliar esta vía, no tramo comprendido entre as glorietas de Serra de Meira e da avenida Adolfo Suárez.

De forma detallada, o proxecto contempla unha intervención integral orientada a converter esta contorna nun espazo máis “seguro, accesible, ordenado e agradable” para a cidadanía. Así, as obras incluirán a pavimentación da calzada, a construción de novas beirarrúas, a mellora da capa de rodaxe das sendas peonís, actuacións de xardinaría e a instalación de mobiliario urbano.

Ademais, levará a cabo a modernización dos servizos urbanos de saneamento e abastecemento de auga, a mellora da iluminación pública e a sinalización.

Durante o acto, a alcaldesa lucense, Elena Candia, remarcou a importancia dunha actuación “moi necesaria para mellorar a seguridade, a accesibilidade e a mobilidade” nesta zona da cidade. Nesta liña, asegurou que con ela se dá un novo paso para seguir avanzando no desenvolvemento do Plan Paradai, un proxecto estratéxico para Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...