InicioEconomíaObras de emerxencia no Túnel de Neira en Baralla por parte do...

Obras de emerxencia no Túnel de Neira en Baralla por parte do Ministerio de Transportes

O obxectivo da actuación é instalar unha nova lámina impermeabilizante encostada á bóveda de face a asegurar as "condicións idóneas de uso, durabilidad e seguridade da estrutura", segundo subliñou o Ministerio nunha nota de prensa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable comezou as obras de emerxencia de impermeabilización do tubo do Túnel de Neira, situado no quilómetro 463,800 da autovía A-6 sentido A Coruña, concretamente no municipio lucense de Baralla.

O obxectivo da actuación é instalar unha nova lámina impermeabilizante encostada á bóveda de face a asegurar as “condicións idóneas de uso, durabilidad e seguridade da estrutura”, segundo subliñou o Ministerio nunha nota de prensa.

Neste contexto, avisou de que, en aras de garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, a partir do martes 19 de maio producirase o corte total do tráfico da calzada con sentido A Coruña (dereita) da A-6 entre os quilómetros 463,100 e 464,500 durante aproximadamente tres meses.

“Para asegurar a fluidez do tráfico durante a devandita afectación habilitarase un paso na mediana, para que a circulación continúe pola calzada con sentido Madrid (esquerda) da autovía, que operará en modo bidireccional cun carril habilitado por sentido de circulación”, engadiu Transportes.

Con todo, detallou que as obras contan cun orzamento vixente de 528.887 euros (IVE incluído) e teñen por obxecto “a subsanación dos danos causados na impermeabilización do citado tubo do túnel polo temporal de vento do pasado 11 de febreiro de 2026”.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...