InicioEconomíaNaturgy investirá 400.000 euros para reforzar a calidade de submiinistración en Guntín,...

Naturgy investirá 400.000 euros para reforzar a calidade de submiinistración en Guntín, Castroverde e Friol

A distribuidora eléctrica de Naturgy, UFD, reforza a calidade da subministración eléctrica en concellos da área de Lugo (en concreto en Guntín, Castroverde e Friol) con investimentos por máis de 400.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A distribuidora eléctrica de Naturgy, UFD, reforza a calidade da subministración eléctrica en concellos da área de Lugo (en concreto en Guntín, Castroverde e Friol) con investimentos por máis de 400.000 euros.

A compañía destaca que en Guntín desenvolveu varias actuacións de ampliación de capacidade e optimización da rede eléctrica. Así, nas zonas de Padreda e Pacios, executou unha nova liña de media tensión aérea de 440 metros e outra subterránea, xunto coa instalación de dous novos centros de transformación de 100 kVA e 50 kVA, respectivamente, e preto de 500 metros de rede de baixa tensión subterránea, cun investimento de 117.000 euros.

Así mesmo, na zona de San Cibrao, construíu unha nova liña de media tensión subterránea de 120 metros, un novo centro de transformación de 100 kVA e 300 metros de rede de baixa tensión subterránea, cun investimento de 90.000 euros.

Pola súa banda, en Castro-Alemparte, executou unha nova liña de media tensión aérea de preto de 570 metros, un centro de transformación de 50 kVA e 1.200 metros de rede de baixa tensión subterránea, cun investimento de 75.000 euros.

En Castroverde, UFD levou a cabo unha actuación nas zonas de Souto e Torres, consistente na instalación dun novo centro de transformación de 100 kVA e 645 metros de rede de baixa tensión subterránea, cun investimento de 55.000 euros.

Por último, no municipio de Friol, a distribuidora reforzou a rede eléctrica na zona de Condes mediante a instalación dun novo centro de transformación de 160 kVA e 110 metros de rede de baixa tensión subterránea, cun investimento de 79.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...