InicioEconomíaA Vicepresidencia da Deputación apoia o proxecto Life Wild Pollinators para recuperar...

A Vicepresidencia da Deputación apoia o proxecto Life Wild Pollinators para recuperar pastos

O proxecto LIFE Wild Pollinators, de 8 millóns de euros de orzamento, pretende desenvolver modelos de xestión territorial que protexan os hábitats de montaña e en particular as plantas e de insectos polinizadores silvestres

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo  apoia o desenvolvemento do proxecto Life Wild Pollinators, promovido pola Cooperativa de Gandeiros da Carqueixa e a Asociación Corripa para a recuperación de pasteiros e a conservación de insectos polinizadores en espazos de montaña.

As entidades promotoras presentaron o proxecto á convocatoria de fondos europeos Life Natura and Biodiversity, cuxa resolución se agarda para o vindeiro mes, coa colaboración da área de Rural, que comprometeu unha colaboración de 250.000 euros, en cinco anualidades, para desenvolver actuacións na montaña lucense.

Este compromiso económico, que supón a principal achega institucional ao proxecto en Galiza, dá continuidade á colaboración que a área de Rural mantén coa cooperativa gandeira e coa asociación ambientalista de Negueira de Muñiz, integradas desde o comezo en proxectos desenvolvidos desde a área de Rural como o programa Da Escola á Granxa.

Nese sentido, a Vicepresidencia da Deputación valorou “a potencialidade da rede de granxas e proxectos de emprendemento creada arredor de programas como Da Escola á Granxa e do soporte económico e organizativo  que a área de Rural ofrece ao sector agrogandeiro da provincia, ao tecido investigador e ás iniciativas de conservación do territorio ”.

 Recuperación de pasteiros nos Ancares e en Negueira de Muñiz

O proxecto LIFE Wild Pollinators, de 8 millóns de euros de orzamento, pretende desenvolver modelos de xestión territorial que protexan os hábitats de montaña e en particular as plantas e de insectos polinizadores silvestres que se atopan nestes espazos de montaña, para frear o seu declive e tentar mitigar os problemas ocasionados.

O apoio económico comprometido pola área de Rural garante que parte das actuacións do proxecto – que abarca diferentes territorios de España (Cordilleira Cantábrica), Francia (Pirineos) e Portugal (Serra da Estrela)– se desenvolvan na provincia de Lugo, concretamente na Reserva da Biosfera dos Ancares lucenses e na Zona de Especial Conservación de Negueira de Muñiz.

Á espera de coñecer a resolución da Comisión Europea, prevista para o próximo mes, as entidades promotoras móstraronse esperanzadas de obter unha resposta positiva para concretar o desenvolvemento das actuacións que suporían, só no ámbito da provincia, a creación de 8 postos de traballo durante cinco anos e a recuperación e restauración de pasteiros dos centos de gandeiros que xa comprometeron por escrito o seu apoio ao proxecto, ademais de  conservar centenares de especies de polinizadores silvestres.

Desde hai milenios, as flores dos prados de dente e sega atraen a unha enorme diversidade de insectos polinizadores, como abellas, abellóns, moscas, bolboretas, avelaíñas e escaravellos, moitos dos cales habitan exclusivamente nestes hábitats. Actualmente, a riqueza de especies de plantas e polinizadores asociados aos hábitats agrogandeiros montañosos e subalpinos das montañas do sur de Europa atópanse en franco declive e dependen da supervivencia destes modos tradicionais e sostibles de intervir na montaña.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo racha a cohesión do Goberno e saca adiante tres emendas clave para os Orzamentos

O Grupo Municipal Popular logrou este martes os apoios suficientes na comisión extraordinaria de...

A Deputación corta seis estradas provinciais mentres seguen as complicacións na montaña de Lugo

  A Deputación mantén cortadas este martes seis estradas provinciais e conta con preto de...

Peche educativo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galiza (STEG) informa do peche...

Lectura da lista de finalistas do XXIV Premios Mestre Mateo no Vello Cárcere de Lugo

O Vello Cárcere de Lugo acolleu esta mañá a lectura da lista de finalistas...