InicioEconomíaPeche educativo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Peche educativo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Segundo o STEG, "esta convocatoria vén motivada pola situación de deterioro que se vive nos centros educativos públicos galegos e pola falta de respostas da Consellaría ás demandas do profesorado"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galiza (STEG) informa do peche educativo convocado en Lugo o mércores 4 de febreiro, no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Avenida de Ramón Ferreiro, 2), que dará comezo ás 18:00h tarde.

Segundo o STEG, “esta convocatoria vén motivada pola situación de deterioro que se vive nos centros educativos públicos galegos e pola falta de respostas da Consellaría ás demandas do profesorado”. Así mesmo sinalan que “a mobilización colectiva convértese nunha ferramenta imprescindible para defender os nosos dereitos e o ensino público”.

O sindicato apunta ademais que o peche é unha acción de “denuncia e visibilización, aberta á participación de toda a comunidade educativa”. Engaden que é unha mostra de apoio “achegarse para apoiar ás compañeiras pechadas e facer visible a forza colectiva do profesorado”.

Por último, reivindican a defensa dun ensino público galego de calidade e que “vai da man da defensa dunhas condicións de traballo dignas”. Para STEG isto só se consegue coa “implicación activa e organizada do conxunto do profesorado poderemos facer fronte ao desleixo institucional e avanzar na recuperación dos dereitos que nos foron arrebatados”.

+ posts

ÚLTIMAS

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...