InicioEconomíaMelloras na estrada que conecta Lugo, O Corgo e o Páramo

Melloras na estrada que conecta Lugo, O Corgo e o Páramo

PUBLICADA O

- Advertisement -

As obras da LU-P-2904, a vía que conecta Conturiz, desde a N-VI ata O Páramo coa vía provincial LU-P-4304, e na que a Deputación leva investidos preto de medio millón de euros, son xa unha realidade.  As obras, que se iniciaron en abril, afectan ao tramo que vai do punto quilométrico 3,717 ao 9 e contaron cun investimento da Deputación de case 230.000€. Os traballos consistiron na pavimentación con aglomerado en quente, tras a reapertura de cunetas e o pintado mediante marcas reflexivas brancas.  

O mandatario provincial sinalou a importancia destas obras pois “trátase dunha vía que dá servizo directo aos concellos de Lugo, O Corgo e O Páramo, que é moi empregada pola veciñanza, e que ten moito desgaste polo tránsito de vehículos agrícolas”. 

Este proxecto súmase ao que adxudicou a institución provincial e que afectará ao tramo que vai de punto quilométrico 9 ao 13,4. A Deputación de Lugo adxudicou estas obras por algo máis de 200.000€.  Precisamente, sobre esta infraestructura, o presidente da institución provincial, José Tomé destacou “o firme compromiso que se mantén coa mellora das vías provinciais”. Tamén sinalou que “máis do 21% dos Orzamentos deste ano van destinados a conservar, manter e mellorar a rede viaria provincial, a máis extensa de toda España con 4.217 quilómetros de lonxitude”. 

CONEXIÓN ENTRE PARROQUIAS, PERSOAS E VECIÑOS

Precisamente, Tomé, acompañado hai unhas semanas polo alcalde de Lugo, Miguel Fernández, visitaron estas obras. O rexedor valorou a relevancia desta actuación para mellorar as comunicacións entre diferentes núcleos do rural de Lugo. “Esta estrada conecta Conturiz co Páramo, pero sobre todo conecta persoas, parroquias e servizos”, subliñou. Ademais, incidiu en que “as 54 parroquias que forman parte do noso municipio son unha prioridade para o Goberno local”.

O rexedor agradeceu a implicación da Deputación de Lugo neste obxectivo compartido e puxo en valor “a colaboración entre administracións, que é fundamental para acadar resultados concretos que melloren o benestar da cidadanía”. Finalmente, salientou tamén que esta mellora “permite reforzar a seguridade viaria, algo esencial para a tranquilidade dos usuarios e usuarias desta estrada”.

ÚLTIMAS

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...

Detido un home por un delito de lesións tras unha pelexa na mañá de Aninovo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha persoa como presunta...

O Concello de Lugo recepciona o aparcadoiro da Avenida de Breogán enmendarse as deficiencias

O Concello de Lugo anunciou que finalmente recepcionará o aparcadoiro da Avenida de Breogán,...