InicioEconomíaA Xunta declara como proxecto industrial estratéxico a construción da planta de...

A Xunta declara como proxecto industrial estratéxico a construción da planta de biometano no polígono do Ceao

A iniciativa, impulsada pola sociedade Lugaz Bioenerxía, permitirá a creación de 30 postos de traballo, 10 deles de carácter directo e 20 indirectos, e contará cun investimento de 7,5 millóns de euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello da Xunta aprobou este luns a declaración como proxecto industrial estratéxico a construción dunha nova planta de biometano no polígono industrial do Ceao, no Concello de Lugo. A iniciativa, impulsada pola sociedade Lugaz Bioenerxía, permitirá a creación de 30 postos de traballo, 10 deles de carácter directo e 20 indirectos, e contará cun investimento de 7,5 millóns de euros. Trátase así do 18º proxecto declarado estratéxico polo Goberno galego que, xunto cos anteriores, suman unha mobilización global de máis de 2.920 millóns de euros e preto de 4.630 empregos.

En concreto, segundo explica a Xunta, o proxecto contempla a construción e posta en funcionamento dunha planta de biometano na parcela anexa ás instalacións de Leche Río no Ceao, que será unha das principais provedoras dos residuos de proximidade que se empregarán e valorizarán e cuxa capacidade alcanzará os 19 xigavatios hora (GWh) ao ano, que serán inxectados na rede de gas natural. A nova fábrica inclúe tamén o aproveitamento do material orgánico resultante do proceso de dixestión anaerobia (realizado para obter biometano) para a obtención dun produto fertilizante.

AUTÓNOMOS

Noutra orde de cousas, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración impulsará unha nova edición do programa de mentoría para modernizar e potenciar os negocios de máis de 200 autónomos en Galicia. Así se reflicte nun informe analizado este luns no Consello sobre esta nova edición, que é xa a sexta que o Executivo autonómico sacou a licitación por máis de 287.000 euros. Deste programa poderanse beneficiar autónomos consolidados, que conten cun mínimo de 42 meses de actividade económica. Os seleccionados recibirán acompañamento ao longo dun ano para seguir impulsando a súa actividade empresarial, favorecendo a súa modernización e a apertura de novas oportunidades.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...