InicioEconomíaO TSXG avala que H&M cambiase a cea de empresa de Nadal...

O TSXG avala que H&M cambiase a cea de empresa de Nadal por un almorzo na súa tenda de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou que a multinacional do sector téxtil H&M modificase de forma substancial as condicións de traballo ao substituír a tradicional cea de Nadal da empresa por un almorzo na súa tenda de Lugo.

Nunha sentenza con data do pasado martes e da que informou este xoves o TSXG, a Sala do Social estimou o recurso presentado pola empresa e revogou unha sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Lugo. Ademais, desestima a demanda presentada por unha empregada da multinacional, á que absolveu de todos os pedimentos. O TSXG explica que, aínda que concorre unha modificación, entende que non é substancial porque, sinala que se trata de “algo meramente secundario e insignificante (cuantifícase en 30 ou 40 euros ao ano)”.

Tamén apunta que, “en puridade, esa condición non se suprimiu, senón simplemente alterou, dado que o único cambio real é trasladar ese evento da noite para a mañá e celebralo no propio centro de traballo, pero nada máis“.

Os maxistrados do alto tribunal galego argumentan que “unicamente se transformou o evento”, pois destacan que “conserva os seus trazos fundamentais identificables: reunión dos empregados, tempo no que se realiza (Nadal), valor que se pode atribuír…”. A iso, os maxistrados do TSXG engaden que, “en si mesma, esa actividade ten os mesmos trazos anteriores, aínda que nun ambiente quizais máis encorsetado (no centro e horario de traballo)”, polo que non consideran que se deba cualificar como unha modificación substancial.

Ademais, recalca que “a decisión que modifica aquela forma de gozar a cea de Nadal de ningún xeito altera ou transforma aspectos fundamentais da relación laboral, senón un moi secundario”. O fallo non é firme, pois cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...