InicioEconomíaZonas da Terra Chá, aínda alagadas tras o paso de Kirk, non...

Zonas da Terra Chá, aínda alagadas tras o paso de Kirk, non puideron sementar a forraxe para as vacas

Ante esta situación, Unións Agrarias pide ao Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do Medio Rural, que "abra unha excepcionalidade" para a xustificación das axudas da Política Agrícola Común (PAC).

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unións Agrarias pide ao Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do Medio Rural, que “abra unha excepcionalidade” para a xustificación das axudas da Política Agrícola Común (PAC) en amplas zonas da provincia de Lugo pola situación na que aínda se atopan terras alagadas tras o paso do temporal Kirk o pasado outubro de 2024. Nun comunicado, advirte de que a Terra Chá, así como zonas de Sarria e Terra de Lemos, contan con terreos que aínda se atopan “totalmente alagados” polo que non foi posible realizar a sementeira de herba e “en moitas parcelas nin sequera retirar o millo estragado”.

Lamenta que a Xunta non achegou solucións a explotacións que quedaron sen forraxe para vacas. “Agora o que se reclama é que non se penalice as granxas nas axudas da PAC por non poder realizar a rotación de cultivos, xa que é de todo punto imposible”, sostén. UU.AA. advirte de que o nivel de humidade que ten o terreo nestas zonas, se non cambia a climatoloxía, “vai comprometer a próxima sementeira de millo”, o que afectará aínda máis ás rendas das granxas, pois só un 20 % das plantacións teñen pólizas de seguros vixentes. “A perda da base da alimentación para as gandarías de vacas de carne ou leite xa forzou a acudir masivamente aos mercados de pensos e concentrados para poder manter as granxas. Unha circunstancia que supuxo un incremento dos custos de produción moi fortes para moitas delas”, explica.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...