InicioEconomíaAs ‘Mariñeiras’ daranse a coñecer nunha das feiras de snacks máis importantes...

As ‘Mariñeiras’ daranse a coñecer nunha das feiras de snacks máis importantes do mundo

Trátase da ‘International Sweets and Snacks Trade Fair’, feira que se celebra na cidade alemá de Colonia do 2 ao 5 de febreiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A empresa chantadina Lugar Da Veiga S.L.L., coñecida en gran parte pola elaboración das populares galletas Mariñeiras, participará no mes de febreiro nun importante escaparate comercial que terá lugar en Alemaña.

Trátase da ISM 2025 (International Sweets and Snacks Trade Fair), unha feira que se desenvolverá no recinto feiral de Colonia do 2 ao 5 de febreiro. Este encontro é o máis importante a nivel mundial do sector do doce e do snack, alcanzando este 2025 a súa 54ª edición. O perfil de empresas expositoras abrangue dende empresas grandes e moi consolidadas no mercado, ata outras medianas e pequenas que buscan posicionarse en nichos máis especializados.

A feira constitúe un punto de encontro para fabricantes, importadores e para o comercio do sector en xeral, servindo como plataforma de presentación de produtos e novidades así como tamén de punto de encontro onde os compradores poden observar as tendencias do sector.

Dende Daveiga lembran que ata Colonia desprazarase un pequeno equipo comercial, e xa no recinto feiral poderá atoparse o seu stand no Hall 11.1:H056 entre as 9 da mañá e as 18:00 h. da tarde.

Xosé Lois Lamazares, coordinador xeral de ‘Daveiga’ / XdL

ÚLTIMAS

O Gran Premio de España de Motocrós traerá a Lugo aos mellores pilotos do mundo por segundo ano consecutivo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves na presentación do...

O TSXG confirma 10 anos de cárcere a un home que violou a unha moza de 14 anos en Lugo, pero triplica a indemnización

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección segunda...

José Tomé defende que “o futuro está na terra” nun foro sobre enxeñería forestar e agraria

"O futuro está na terra", así comezou a súa intervención o presidente da Deputación...

O TSXG eleva a 3 anos a pena para un condenado por agresión sexual á neta dos seus veciños en Lugo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...