InicioEconomíaA Xunta licita as obras de construción de 146 vivendas de promoción...

A Xunta licita as obras de construción de 146 vivendas de promoción pública en Lugo

A alcaldesa de Lugo lembra que chegan tras "15 anos de demandas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, presentou este mércores o proxecto de construción de 146 novas vivendas de promoción pública que se farán en dúas parcelas do barrio de Garabolos.

O proxecto consiste en dous edificios diferenciados, un de 76 vivendas e outro de 70, e nos dous casos trátase de pisos de dous, tres e catro habitacións. Ademais, seis deles estarán adaptados para persoas con problemas de mobilidade. Esta obra supón un investimento total que rolda os 28,2 millóns de euros. A conselleira avanzou que xa está aberto o prazo de licitación, que se completará o 19 de febreiro, e que o obxectivo é facer a entrega dos mesmos no ano 2026.

A conselleira e o responsable do proxecto cualificaron a obra de “vivendas eficientes e eficaces para todo tipo de familias, nas que se optimizaron os recursos para tamén facelas atractivas dentro da paisaxe de Lugo”. Destacou tamén que se tiveron en conta os estándares sobre mellora da eficiencia enerxética. A conselleira aproveitou para anunciar a licitación este mes doutro novo proxecto, neste caso para construír outras 300 vivendas no mesmo barrio de Garabolos. Neste caso faranse a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia.

AGRADECEMENTO TRAS “15 ANOS DE DEMANDAS”

A alcaldesa da cidade, Paula Alvarellos, tamén estivo presente nesta presentación agradecendo á Xunta este impulso á vivenda pública “despois de 15 anos de demandas”. Asegurou que a colaboración institucional foi crucial para desenvolver todos estes proxectos e lembrou que a necesidade de vivenda pública é moi alta en Lugo “con case 2000 demandantes”. Alvarellos asegurou tamén que o Concello non porá trabas a estes pro

ÚLTIMAS

Estabilizado un incendio forestal en Pantón que afecta a unhas 40 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...